CRTVG

Buscar

Especiais

1990
  • Cousas da lingua

    Cousas da lingua

    Espazo divulgativo sobre curiosidades da lingua galega.  En cada programa tratan un tema que podía ser o significado dunha palabra, formas de indicar o mesmo concepto en galego, unha dúbida... O espazo sufre diversos cambios no seu formato e duración ao longo dos catro anos de presenza en antena.

  • Preescolar na casa

    Preescolar na casa

    Espazo dedicado á orientación educativa, dirixido aos pais pero tamén á sociedade en xeral. En plató ou en exteriores realízase este espacio que é a base televisiva dun ambicioso proxecto pedagóxico nacido en 1977 en Lugo da man de Antonio Gandoy e orientado daquela sobre todo a facilitarlles instrumentos a familias do rural con difícil acceso a centros para a escolarización dos máis pequenos.

  • Sitio distinto

    Sitio distinto

    Magazine de capítulos monográficos, cada entrega adicábase a un tema concreto, compóndose de actuacións muisicais, entrevistas e concursos, contidos todos abordados desde un punto de vista pouco convencional, con moitas doses de humor, reflexión e certa actitude punk. 

  • Radio Onte

    Radio Onte

    Nova fórmula musical nun programa que fai un percorrido pola nostalxia, por modas e estilos da música que se escoitaba en España e en Galicia desde finais dos anos 50 ata os 80. Con música e imaxes rescatadas da época ou recreadas cunha orquestra propia.

  • Adiviña quen ven esta noite

    Adiviña quen ven esta noite

    Programa de variedades que combina actuacións musicais con humor e entrevistas a personalidades importantes do mundo da cultura, da economía ou da política. Neste programa, o número 24 da serie, o guión do espacio xira arredor da moda.

  • As bólas máxicas

    As bólas máxicas

    Todo comeza cun neno pequeno que se chama Son Goku, que vive só na montaña Paozu. Foi atopado nunha selva polo ancián Son Gohan, que lle ensinou kung fu. Unha noite, Gohan morreu a mans dun monstro misterioso. Pero non é ata que coñece a Bilma cando empeza a súa aventura. Cando a coñece, ela convénceo para ir na busca das sete esferas do dragón, que, unha vez reunidas, invocan

  • Pensando en ti

    Pensando en ti

    Pensando en ti é un programa diario á medida de Xosé Ramón Gayoso: é un programa de entrevistas con actuacións musicais e humorísticas. Os protagonistas son persoeiros galegos de relevancia social, cultural. 

  • Mira que Vén

    Mira que Vén

    Mira que vén era unha axenda cultural que veu substituír ao programa Vivir aquí.

  • Maite Cabezas: Presentei tapando o burato das medias

    Maite Cabezas: Presentei tapando o burato das medias

    A xornalista Maite Cabezas lembra como estivo a tapar coa man o burato que tiña nunha media durante un programa de Prismas.

  • Máis Ozono

    Máis Ozono

    Máis Ozono foi un programa de humor que pretendía ofrecer unha visión humorística de situacións típicas e acontecementos que se producen no verán. 

  • Mon Santiso: Gustábanos ver

    Mon Santiso: Gustábanos ver

    Gustábanos ver, en 1º lugar, os Telexornais. Aqueles informes TVG... o Xabarín club... e máis recentemente o programa de animais Criaturas.

  • Helena Soto: Tiven que recomendar un viño...nin idea!

    Helena Soto: Tiven que recomendar un viño...nin idea!

    Helena Soto lembra como no programa Arroz con chícharos tivo que recomendar un viño

  • A dobraxe de "O imperio contraataca"

    A dobraxe de "O imperio contraataca"

     

    Moitas son as frases míticas na dobraxe ao galego das series e películas emitidas na TVG. Moitas delas foron adoptadas polos espectadores e fixéronse cotiás na linguaxe da rúa. Estes son algúns dos cortes máis coñecidos. Están localizados polo ano da estrea na TVG da serie ou da película da que foron extraídos.

     

  • Etcétera

    Etcétera

    Etcétera é un programa cultural que se emitiu case 10 anos, e sempre dirixido polo escritor Luís Mariño. Etcétera tiña unha duración de media hora e, nese tempo, o programa trataba todos os eidos da cultura.

  • Enfoques

    Enfoques

    Programa semanal de reportaxes de actualidade. A matanza nunha 'terra brava', emitida nesta edición, é unha reportaxe de Elvira Varela na que se segue de preto o proceso dunha matanza do porco tradicional na Fonsagrada, Lugo, unha actividade que se vive coma un labor de aprovi

  • En titulares

    En titulares

    Programa de entrevistas en plató con temas de actualidade como fondo. Neste programa aparece unha entrevista con Xosé Cuiña Crespo, conselleiro de Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, unha entrevista debate con Emilio López Pérez, do Sindicato Labrego Galego, e Xosé Antonio Prieto, propietario de Lácteos Prieto, sobre a situación do sector e a convocatoria dunha tractorada en Galicia; e unha entrevi

  • Entre amigos (1990)

    Entre amigos (1990)

    Entre amigos é o grande espectáculo musical do venres pola noite na Galega. O programa conta con actuacións musicais dos artistas de máis éxito do momento, con humor e maxia.

  • Enfoques (outono, 1990)

    Enfoques (outono, 1990)

    Neste programa de Enfoques podemos ver unha reportaxe da xornalista Ana Expósito titulada "Alemaña: futuro incerto"

  • Enfoques (primavera, 1990)

    Enfoques (primavera, 1990)

    Neste programa de Enfoques podemos ver unha reportaxe do xornalista Xavier Vaz titulada "Rumanía: Os 100 días da revolución". 

  • Cousas da lingua

    Cousas da lingua

    Cousas da lingua é un programa sobre a lingua galega. O espazo analiza cuestións léxicas, gramaticais, fonéticas e tamén a situación sociolingüística en Galicia.