Especiais
1989-
Benedicto en Ó son da súa música
Benedicto García, cantautor e mestre, relata nesta entrevista de Cristina Lombao moitas das cousas que lle pasaron na súa vida, que fixeron a súa maneira de ser e de facer as cousas, a música e o traballo e selecciona a música que máis o influíu.
-
Servicio de urxencias
A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena traballan no servizo de urxencias dun hospital visto en clave paródica e de humor. É a primeira serie de ficción televisiva producida na TVG.
-
1989. Resumo do ano
Resumo das noticias máis importantes emitidas ao longo de 1989 polos distintos programas informativos da Televisión de Galicia. As imaxes e os protagonistas conforman o son da información.
-
Portoverán
Tele revista para as tardes do verán con entrevistas, actuacións musicais e reportaxes frescos, apropiados para a época cálida, con actuacións e entradas en directo.
-
Xoan Paulo II no Monte do Gozo
O programa Enfoques presenta un resume da viaxe do Papa Xoan Paulo II a Galicia os días 19 e 20 de agosto de 1989, acontecemento que xuntou no Monte do Gozo que supuxo un esforzo de realización e cobertura informativa sen precedentes para a TVG.
-
Días das Letras Galegas: De Rosalía a Celso Emilio
De Rosalía a Celso Emilio é un documental emitido por TVG en maio de 1989, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas; ano no que o día estaba adicado ao poeta ourensán Celso Emilio Ferreiro.
-
O porvir do pasado
O porvir do pasado foi un programa de reportaxes culturais.
-
O noso Agro
O noso Agro é un microespazo que ofrece información e reportaxes sobre o mundo agrario así como as últimas cotizacións dos mercados galegos de gando.
-
Noite de estrelas
Noite de Estrelas é o programa que substituíu a Venres Show. Aínda que o presentador seguía a ser o mesmo, TVG cambioulle o nome porque a súa emisión pasou do venres ao xoves.
-
Luces da cidade
Luces da cidade foi o primeiro programa de cine de TVG. Luces da cidade dedicaba atención especial ás películas de estrea pero tamén facía monográficos sobre directores ou o tratamento reiterado de diferentes temas na pantalla grande.
-
Imos aló?
Imos aló? é un curso de galego. O formato elixido para o programa foi o que saíu gañador dun concurso de proxectos convocado pola Televisión de Galicia en colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
-
Historias con data
Historias con Data é un programa divulgativo que repasa a vida de personaxes senlleiros e afonda en acontecementos destacados do eido cultural galego.
-
Helena Soto: Tiven o mellor compañeiro para debutar
No vídeo, Helena Soto lembra os seus comezos no programa Portoverán e como Manuel López Prazo foi o mellor compañeiro que pudo ter para debutar diante dunha c&a
-
Gran Casino (1989)
Gran Casino é un concurso que comezou sendo o programa que substituíu durante o verán de 1988 “O veciño do xoves”, para converterse a partir de xaneiro de 1989 no concurso da programación anual de TVG.
-
Drop
Drop é un programa que explora as novas formas de contar en televisión desde o humor e a ironía. Os temas son a censura e a publicidade en televisión.
-
De perfil
De perfil é un programa de entrevistas que facía un percorrido pola biografía dos persoeiros convidados.
-
Cartafol
Cartafol é un programa cultural que veu substituír a O Tragaluz. Igual que o seu antecesor emitíase os sábados pola mañá e duraba uns 20 minutos. Cartafol analizaba a cultura no sentido máis amplo da palabra.
-
Clan Clip
Clan Clip era un programa musical de media hora de duración. Era un formato novo dedicado a difundir os vídeos musicais dos artistas de máis actualidade do momento.
-
Corazonada
Programa de entrevistas que, como en todos os “talk shows”, os protagonistas son persoas correntes. Estas persoas anónimas, que non pertencen ao mundo da televisión, son entrevistadas polo presentador para que testemuñen sobre as súas experiencias persoais. No primeiro programa actuaban Los Doré e estaba dedicado á sorte, á mala e á boa sorte.
-
Auga de verán
Auga de Verán é o programa musical da noite dos venres durante o verán.