CRTVG

Buscar

Especiais

1986
  • Fernández Albor, presidente da Xunta

    Fernández Albor, presidente da Xunta

    O resumo informativo semanal presentado por Encina Ramos da conta da toma de posesión, o 16 de xaneiro de 1986, de Xerardo Fernández Albor como presidente da Xunta de Galicia, despois das eleccións autonómicas de 1985.

  • Wenceslao Fernández Flórez

    Wenceslao Fernández Flórez

    Programa especial sobre a figura de Wenceslao Fernández Flórez en forma de tertulia, na que participan Xosé Luis Blanco Campaña, Manuel Lombao, Ramón Luís Acuña e Luís Carandell. Falen tamén de poesía e de periodismo galegos.

  • Marino Dónega Rozas

    Marino Dónega Rozas

    Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, galeguista histórico "deses que axudaron a facer a Galicia de hoxe", Marino Dónega relata no programa Amigos como sobreviviu o movemento nos anos do Franquismo, o nacemento da Editorial Galaxia.

  • Alfredo Conde

    Alfredo Conde

    Na sección Literatura Viva da Festa dos sábados da Radio Galega, Xulio Xiz comparte unha hora de radio co escritor Alfredo Conde, que comparte as súas experiencias e as súas opinións literarias e recita algúns dos seus poemas.

  • Antón Fraguas

    Antón Fraguas

    Histórico do galeguismo, Antón Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905. Formou parte do Seminario de Estudios Galegos en 1928, profesor, en 1951 ingresou na Real Academia Galega. Nesta entrevista conta moitas das súas experiencias vitais.

  • Isidro Parga Pondal

    Isidro Parga Pondal

    "Meu avó que era un home aberto a toda clase de ideas, púxome na casa na que viviamos en Santiago un laboratorio e alí facía experimentos... incluso tiven explosións, por eso meu avó mo fixo no fondo da horta", conta Isidro Parga Pondal na que foi unha das últimas entrevistas que concedeu.

  • Celestino Fernández de la Vega

    Celestino Fernández de la Vega

    Coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor (O segredo do humor), Celestino Fernández de la Vega foi un escritor lucense asíduo dos parladoiros aos que asistían Luís Pimentel, Ánxel Fole ou Ramón Piñeiro. Foi tamén socio fundador de Galaxia.

  • Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

    Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

    Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, sométese ás preguntas de Xulio Xiz no programa Amigos da Radio Galega. Na extensa conversa recorda a súa infancia e o mundo no que a viviu, a súa educación e a súa experiencia no mundo da política.

  • Xosé Vázquez Pintor en Literatura Viva

    Xosé Vázquez Pintor en Literatura Viva

    Escritor e docente nacido en Melide, Xosé Vázquez Pintor é un escritor e un mestre que, en Literatura Viva, repasa algúns dos seus poemas máis apreciados, mentres explica como foi a súa chegada á creación literaria e como viaxou por ela.

  • Xosé Fortes Bouzán

    Xosé Fortes Bouzán

    Xulio Xiz entrevista no programa Amigos da Radio Galega a Xosé Fortes Bouzán, que en 1975 foi procesado por pertencer á Unión Militar Democrática (UMD). No programa relata a súa experiencia vital desde a súa primeira infancia, a formación, a vida militar e o exercicio da docencia.

  • Rouco Varela, en Amigos

    Rouco Varela, en Amigos

    Antonio Rouco Varela, arcebispo de Santiago, fala con Xulio Xiz no programa dos sábados, e fai un repaso da súa vida desde Vilalba ata a súa actividade como arcebispo en Compostela.

  • Juan Pardo en Galicia de noite
  • A terra

    A terra

     Programa semanal sobre o mundo do agro que inclúe reportaxes divulgativas dirixidas aos profesionais do sector. Anxo Vázquez, responsable do programa, dirixía desde había cinco anos un espazo semellante na canle territorial de TVE que gozaba de gran popularidade. Este programa vai ser o xermolo de futuros programas como O agro ou Labranza.

  • Os Pitufos

    Os Pitufos

    Os Pitufos é unha serie fantástica de animación baseada nas historietas do belga Pierre Culliford que está ambientada na Idade Media. Na aldea dos pitufos todas as casas son cogomelos e todos son azuis e visten igual: pantalón branco e gorro branco, agás Papá Pitufo, que usa roupa vermella, e a Pitufiña, que vai de rosa. Papá Pitufo é quen dirixe a aldea pola súa avanzada idade e polo seu co&nt

  • O mellor

    O mellor

    O mellor é un concurso de humor ideado por Manuel Rivas onde o estudio de gravación era un ring de boxeo. 

  • O home invisible (serie)

    O home invisible (serie)

    Un misterioso descoñecido chega a unha tranquila vila e instálase nun hotel modesto. O home está completamente envolto en vendaxes, cousa que a xente da vila atribúe a un accidente. O aspecto estraño do forasteiro e o seu comportamento raro fan que todo o mundo sospeite del.

  • Mar

    Mar

    O Mar era unha adaptación do programa Costeira Galega realizado polo mesmo equipo e que comezara a emitirse en 1985 cunha hora de duración.

  • Máis alá

    Máis alá

    is alá é o nome dun programa cultural de 30 minutos que se emitía o venres ás 12 da noite. O programa dedicaba o seu espazo ás novas expresións culturais de Galicia para facelas chegar a un público heteroxéneo

  • O que máis me marcou foi "Magnum"

    O que máis me marcou foi "Magnum"

    A TVG chegou a min sendo aínda un cativo. O primeiro recordo que teño dela acontece no chalé duns tíos e primos meus cos que ía xogar a miúdo no verán e nas fins de semana. Lembro subir á cociña a merendar, estar posta a tele e escoitar un entón descoñecido -arriba e alá vou!-. Lembro mirar para a pantalla e ver que Superman 25 anos TVG

  • Lúa nova

    Lúa nova

    Lúa nova foi un programa de variedades onde tiñan cabida actuacións musicais, entrevistas, humor e incluso números circenses.