CRTVG

Buscar

Especiais

25 anos TVG
  • Os Pitufos

    Os Pitufos

    Os Pitufos é unha serie fantástica de animación baseada nas historietas do belga Pierre Culliford que está ambientada na Idade Media. Na aldea dos pitufos todas as casas son cogomelos e todos son azuis e visten igual: pantalón branco e gorro branco, agás Papá Pitufo, que usa roupa vermella, e a Pitufiña, que vai de rosa. Papá Pitufo é quen dirixe a aldea pola súa avanzada idade e polo seu co&nt

  • Os Novos

    Os Novos

    Na serie, catro estudantes peculiares comparten en Londres un piso porcalleiro que lle alugaron a un exiliado ruso

  • Os Atlánticos

    Os Atlánticos

    Os Atlánticos é o nome dunha orquestra de verbenas, salas de festa e discotecas que durante o verán percorre Galicia nunha furgoneta e polo inverno actúa cada fín de semana na macro discoteca Carpe Diem, onde traballan cinco músicos que fan dela a súa vida.

  • Orquestras de Galicia

    Orquestras de Galicia

    Orquestras de Galicia é un programa musical que ten por finalidade divertir e entreter a audiencia da TVG Orquestras de Galicia aposta pola música e as actuacións das orquestras máis destacadas e míticas do panorama galego. 

  • Onda Curta

    Onda Curta

    Onda Curta amosa as curtametraxes e as creacións curtas, en xeral, dos cineastas galegos, con atención especial aos novos talentos. Cine en curtas, anuncios e vídeos que servirán para dar a coñecer novos realizadores e grupos emerxentes no panorama audiovisual galego.

  • Oasis
  • O Veciño do Xoves

    O Veciño do Xoves

    O Veciño do Xoves era un programa de entrevistas a persoeiros do mundo da cultura, da política, da música e da sociedade en xeral.

  • O son da terra. Xosé Manuel Budiño en concerto
  • O Semanal

    O Semanal

    Leopoldo Nóvoa na Bienal de Arte de Pontevedra, o enfrontamento de chipriotas e gregos en Chipre, O Papa Xoan Paulo II, que escoitou en Castelgandolfo a muiñeira que leva o seu nome (A muiñeira de Wojtyla), e a desaparición do sacerdore ourensán Alexandre Lorenzo no Mont Blanc, conforman o sumario deste programa semanal de reportaxes. 

  • O que vai vir (1993)
  • O que vai vir (1992)
  • O príncipe de Bel-Air

    O príncipe de Bel-Air

    O príncipe de Bel-Air narra as vivencias dun mozo a quen lle cambia radicalmente a vida cando se traslada a vivir ao selecto barrio de Bel–Air, en Hollywood. O rapaz chámase Will e criouse nun arrabalde do oeste de Filadelfia, onde pasaba o máis do tempo nas canchas de baloncesto e en malas compañías.

  • O porvir do pasado

    O porvir do pasado

     O porvir do pasado foi un programa de reportaxes culturais. 

  • O pequeno gran show

    O pequeno gran show

    Programa de variedades con distintas seccións que ten os nenos como protagonistas. Eles entrevistan  aos famosos que acoden como convidados ao programa. Ademais levan a cabo as súas pequenas grandes actuacións e espectaculares vinganzas lanzando tortas de merengue.

  • O país dos ananos

    O país dos ananos

    O país dos ananos é un programa en que os protagonistas son rapaces de primaria, entre 6 e 11 anos. Os nenos expoñen en voz alta e clara, sen atrancos, a súa visión do mundo, da vida dos adultos e de si mesmos. Saber como viven e como pensan hoxe os nenos galegos ofrece unha idea de como se irá conformando a sociedade galega do futuro. 

  • O noso mar

    O noso mar

    Programa informativo semanal sobre o sector pesqueiro que aborda, na súa primeira edición a situación da pesca do bonito na reportaxe Nos dominios do príncipe azul. Os peixes azuis teñen unha linaxe que os diferencia. No máis alto desa estirpe está o bonito. É o prínxipe azul. Animais limpos, de bo tamaño, cun aroma suave tanto antes como logo de seren cociñados e cunha carne de excelente sabor e de grande consistencia.

  • O noso Agro

    O noso Agro

    O noso Agro é un microespazo que ofrece información e reportaxes sobre o mundo agrario así como as últimas cotizacións dos mercados galegos de gando. 

  • O Nordés

    O Nordés

    O Nordés é unha serie que narra os casos profesionais e os conflitos de relación que se dan na redacción dun xornal galego modesto: O Nordés, que xa cumpriu cen anos de vida. Está ambientada na cidade de Vigo e os seus protagonistas son os xornalistas. 

  • O mundo de Beakman (serie)
  • O mellor

    O mellor

    O mellor é un concurso de humor ideado por Manuel Rivas onde o estudio de gravación era un ring de boxeo.