-
Clipmanía
Clipmanía era algo máis que un programa de vídeos musicais. Clipmanía era un programa de música no que tiñan cabida as novas bandas musicais de Galicia, compartindo espazo cos músicos españois e internacionais de máis renome.
Comezou a emitirse o 15 de febreiro do ano 1992.
-
Boa Noite, Noiteboa: Especial Noiteboa 1998, con Juan Pardo
Juan Pardo foi o protagonista do programa de Nadal de TVG de 1998. Presentouno e interpretou varias cancións, nun especial Noiteboa no que actuaron artistas de renome.
-
"Bravo pola Música": Especial Juan Pardo, 2011
"Bravo pola Música" é un programa especial dedicado ao cantante Juan Pardo que se emitiu o 28 de deecembro de 2011. O programa foi presentado por Iria Soengas e Ricardo Pardo, coa colaboración especial de Lys e Teba, as fillas de Juan Pardo.
-
Noiteboa 1997 con Juan Pardo
Este programa musical é o especial Noiteboa emitido pola TVG o 24 de decembro de 1997, en que o protagonista indiscutible foi Juan Pardo.
-
Pepe o inglés
Pepe ten unha querencia por todo o inglés -a ironía, os modais- que, sendo tamén moi galego, non se sabe moi ben de onde lle vén. Dirixe un taller de reciclaxe Pepe o Inglés Factory Recycling onde ademais fai pequenos inventos co seu axudante Suso, alcumado por Negreira o taxista, el pajarito.
-
Pensando en ti
Pensando en ti é un programa diario á medida de Xosé Ramón Gayoso: é un programa de entrevistas con actuacións musicais e humorísticas. Os protagonistas son persoeiros galegos de relevancia social, cultural.
-
Parlamento (2005)
Parlamento é o programa semanal dos Servizos Informativos de TVG que se vén encargando da información parlamentaria desde 1985. Ao longo dos 25 anos tivo varios directores e presentadores.
-
Parlamento (1994)
Parlamento é o programa semanal dos Servizos Informativos de TVG que se vén encargando da información parlamentaria desde 1985.
-
Parlamento (1993)
Parlamento é o programa semanal dos Servizos Informativos de TVG que se vén encargando da información parlamentaria desde 1985.
-
Parlamento (2009)
Parlamento é o programa semanal dos Servizos Informativos de TVG que se vén encargando da información parlamentaria desde 1985.
-
Palco da música
Palco da musica é un programa dedicado a promover as bandas de música. Emitíase os domingos pola mañá. Cada programa estaba dedicado a unha banda.
-
Padre Casares
O padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar. Padre Casares narra, con humor e tenrura, o proceso polo que este home encaixa nese lugar, á vez tan próximo e tan afastado do que el era ata ese momento.
-
Outras realidades
Outras Realidades é un programa de reportaxes dos Servizos informativos de TVG.