Responsabilidade
As políticas de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) da CRTVG formúlanse e séguense a través do Pacto Mundial das Nacións Unidas, do que a CRTVG é membro desde 2011 e que establece dez principios xerais de cumprimento en materia laboral, medioambiental e de loita contra a corrupción. Esta pertenza ao Pacto Mundial implica a elaboración dun Informe de Progreso anual por parte da CRTVG, entre outras cousas.
Ademais, o ente público ten subscrito algunhas iniciativas de autorregulación que tamén compoñen un claro expoñente do seu compromiso coa RSC.