CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Sofía Rial, representante de Terras de Compostela, gañadora do concurso musical 'Recantos' de 'Luar'

20/07/2021

A intérprete impúxose no escenario co tema ‘Non chores por min, Arxentina’ sobre o representante de Terras da Coruña, Fernando Hernández 

A gañadora sorprendeu ao público sacando o seu lado máis heavy cunha demostración de canto gutural

Sofía Rial, representante de Terras de Compostela, gañadora do concurso musical 'Recantos' de 'Luar'

Santiago de Compostela, 20.07.2021.-  A representante de Terras de Compostela, Sofía Rial, fíxose co primeiro premio do concurso musical ‘Recantos’ de ‘Luar’ deste 2021, dotado de 5.000 euros, coa súa interpretación do tema ‘Non chores por min, Arxentina’. Rial impúxose así ao outro finalista, Fernando Hernández, que cantou ‘E como é el?’ e recibiu o segundo premio, de 2.000 euros.

O xurado, composto por Christian Escuredo, Xosé Manuel Piñeiro e Manuel de Andrade, decantouse por Sofía Rial, veciña de Ames, polo seu estilo novo e a súa evolución ao longo do concurso. Ademais, a gañadora sacou o seu lado máis heavy cunha demostración de canto gutural, sorprendendo ao público e deixando sen palabras mesmo ao presentador de ‘Luar’ Xosé Ramón Gayoso

‘Recantos’ pechou así a súa undécima edición dentro do espazo  ‘Luar’, na noite dos venres na TVG, e aproveitará o próximo programa para presentar as novas voces dos recanteiros e recanteiras que participarán na súa vindeira edición, nunha das apostas da Televisión de Galicia pola música e polos novos artistas galegos.