CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os presidentes de Circom e da Xunta de Galicia apostan pola cooperación entre televisións rexionais para ser máis eficientes

16/11/2012

Unha representación de directivos de Circom Regional mantivo un encontro co presidente da Xunta de Galicia en San Caetano

Feijóo sinalou que o servizo público dunha canle rexional debe ser viable, no sentido de que debe haber un equilibrio entre custo e audiencia 

O director xeral da CRTVG explicou que a televisión pública rexional non é unha anomalía en Europa, xa que a Circom pertencen 260 medios de 34 países

Os m&aacu

Os presidentes de Circom e da Xunta de Galicia apostan pola cooperación entre televisións rexionais para ser máis eficientes

Santiago, 16.11.2012.- Unha representación de directivos de Circom Regional (Asociación Europea de Televisións Rexionais) mantivo hoxe un encontro co presidente da Xunta de Galicia. Nel, o presidente de Circom, Jacques BriquemontAlberto Núñez Feijóo estiveron de acordo en que, nestes tempos de recursos máis escasos, a cooperación e o intercambio entre televisións rexionais é unha oportunidade para ser máis eficientes. Na recepción, que tivo lugar en San Caetano, estiveron presentes o presidente da plataforma europea, Jacques Briquemont; o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, e o vicepresidente de Circom, Fernando R. Ojea (CRTVG), entre outros membros da directiva de Circom.

O presidente da Xunta de Galicia apuntou que o servizo público dunha televisión rexional ten que ser viable, no sentido de que debe haber un equilibrio entre custo e audiencia, e destacou que este será un reto para a CRTVG no período de mandato que agora comeza, mentres que salientou que é a segunda televisión autonómica máis seguida.

Pola súa parte, o director xeral da CRTVG explicou que a televisión pública rexional non é unha anomalía senón algo moi espallado por Europa, xa que a Circom pertencen 260 medios de 34 países, que terán o seu grande encontro anual no próximo mes de maio en Santiago.

Núñez Feijóo interesouse ademais pola situación da televisión pública nos países dos directivos de Circom presentes na sala, que representaban ás redes rexionais da BBC británica e da SVT sueca, a canle do territorio francés de Alsacia e a canle francófona de Bélxica. 

Á CRTVG correspóndelle organizar esta xuntanza, que remata mañá, e a próxima Conferencia Anual do organismo, tras ser elixida polo Comité Executivo de Circom Regional, o mes de maio pasado na cidade sueca de Malmö.

Galería de imaxes