CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os galegos Manuel Manquiña e Víctor Fábregas pintan a mona hoxe no 'Land Rober Summertime'

25/08/2022

O presentador Roberto Vilar estará tamén acompañado nos variados sketchs cómicos por Eva Iglesias e Miguel Canalejo

Os galegos Manuel Manquiña e Víctor Fábregas pintan a mona hoxe no 'Land Rober Summertime'

Santiago, 25.8.2022.-   O humor con maiúsculas será protagonista, un xoves máis, na Televisión de Galicia, que ofrecerá unha nova entrega de ‘Land Rober Summertime’ (23.05 h), unha refrescante oferta coa que os amantes da comedia poden vivir este verán os mellores momentos e os sketchs máis hilarantes deste programa de referencia na canle pública.

Os convidados que pasarán esta noite polo escenario do ‘Land Rober Summertime’ serán un dos nosos actores máis queridos polo público galego, Manuel Manquiña, e outro dos nosos humoristas galegos tamén máis recoñecidos, Víctor Fábregas. Os dous pintarán a mona, dando boa mostra no espazo das súas habilidades para a diversión. Por suposto, unha edición máis cómpre salientar a participación do presentador Roberto Vilar, apoiado nos variados sketchs por Eva Iglesias e Miguel Canalejo, para que os espectadores gocen da festa rachada que proporá a Galega.
    
Nesta edición de verán do ‘Land Rober’, os espectadores asistirán, amais, aos sketchs de ‘Fontanería Paco e Fillo’, amais, Jonathan non fala e os pais lévano ao centro de saúde e Marta, a nova presidenta de Indatex, acode ao comedor da empresa. Tamén se desenvolverán dous xogos. Por unha banda, no ‘A quen lle pasou?’ contarase unha anécdota vergoñenta de alguén do público e, pola outra, en ‘A nai de quen?’ participarán os nenos Lucía, Yose, Daniel e Noel.