CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os espectadores de 'Cos pés na terra' poderán introducirse este luns no mundo dos bonsais

17/01/2022

O programa tamén ten unha cita cunha gandeira nova afeita a todo tipo de máquinas e cos promotores dun proxecto de restauración onde sempre se serven produtos naturais

Os espectadores de 'Cos pés na terra' poderán introducirse este luns no mundo dos bonsais

Santiago, 17.01.2022.-   Cos pés na terra (23:05 h) vaise meter hoxe no mundo dos bonsais da man de Alberto, un auténtico experto, co que o equipo do programa aprenderá a darlles forma, a limpalos e ata a colocalos na casa.

Os espectadores de bo dente están de sorte, xa que o proxecto de restauración de Carmen e Jose vai facer as delicias dos máis larpeiros. O espazo da TVG ten reserva para o seu restaurante, alí onde sempre se serve produto cen por cento natural e da casa.

A audiencia coñecerá tamén a Andrea, unha gandeira nova afeita a moverse en todo tipo de máquinas, grandes e pequenas. Esta rapaza leva o orgullo de gandeira ata no teléfono móbil.