CRTVG Viva
Os concursos de Nadal da web da CRTVG xa teñen gañadores
Uxía Caride foi seleccionada no certame "Cal é a túa?", onde os usuarios amosaron os seus propósitos e desexos para 2012
En "Os adornos de Nadal", a proposta de Bruno Pena resultou premiada no apartado de mellor árbore; Óscar Torres no de mellor belén; e David Torres no de casa mellor adornada

Santiago, 11.01.2012.- Os concursos postos en marcha pola CRTVG a través da súa páxina web para celebrar o Nadal facendo protagonistas os seus usuarios xa teñen gañadores. No concurso "Cal é a túa?", que durante o último mes se converteu en testemuña dos bos propósitos e desexos dos galegos para este 2012, resultou seleccionada a proposta de Uxía Caride Blanco, nun formato en que se buscaban as achegas máis orixinais e creativas. A gañadora recibirá como premio un televisor de pantalla TFT de alta definición de 26 polgadas, con reprodutor DVD compatible con MPEG4 (XviD).
https://www.crtvg.es/crtvg/concursos/cal-e-a-tua/uxia-caride-blanco
O concurso "Os adornos de Nadal", que buscou durante as pasadas festas o mellor belén, a mellor árbore e a casa máis adornada de Galicia, tamén seleccionou xa as propostas premiadas. Na categoría de mellor árbore de Nadal, o gañador foi Bruno Pena Calvo; o mellor nacemento foi o presentado por Óscar Torres López; mentres que a proposta de David Torres López foi considerada a mellor no apartado de casa con adornos. Os dous primeiros recibirán como agasallo unha cesta de Nadal, mentres o gañador na sección de adornos será obsequiado co robot aspirador Robo Com Hoover.
As distintas imaxes que os usuarios enviaron para participar neste concurso poden verse no enlace https://www.crtvg.es/crtvg/concursos/os-adornos-de-nadal.