CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O Lugo-As Palmas, este mércores na Radio Galega

19/10/2021

O 'Galicia en goles' tamén contará o Dépor-Pogon da Champions xuvenil

O Lugo-As Palmas, este mércores na Radio Galega

Santiago, 18.10.2021.- Este mércores, a Radio Galega ofrece unha edición especial de 'Galicia en goles', que comezará ás oito e media do serán e permanecerá en antena ata as once da noite. Durante dúas horas e media, o programa contará a xornada de Liga na Segunda División, en que o Club Deportivo Lugo recibe o histórico Unión Deportiva As Palmas, no estadio Anxo Carro.

O empate en Burgos confirma o bo momento do cadro galego, que suma doce puntos na zona media da clasificación. O seu rival, mentres, chega tras gañar o derbi ante o Tenerife e, con dezasete puntos, ocupa postos de promoción de ascenso.

A Radio Galega tamén retransmitirá desde Riazor o Deportivo da Coruña-MKS Pogoń Szczecin de Polonia, na volta da primeira eliminatoria de Uefa Youth League, que equivale á Champions. A derrota por 3-0 na ida complica a clasificación dos xuvenís branquiazuis, que chegan a este torneo tras proclamarse campións de España a temporada pasada.

A partir das 11 da noite, o espazo 'Ao contraataque' analizará a xornada cos seus protagonistas e resumirá o resto da actualidade do día.