CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O equipo do 'Galicia bonita' aterra esta noite en Cambre para recuperar unha leira moi descoidada

03/05/2021

Para esta reforma, a última desta temporada, contarán coa participación duns veciños do máis simpático

O equipo do 'Galicia bonita' aterra esta noite en Cambre para recuperar unha leira moi descoidada

Santiago, 03.05.2021.-   Televisión de Galicia despedirá esta noite a emisión de novas entregas de ‘Galicia Bonita’ (22.25 h). Para rematar a temporada, a xefa do equipo de reformas do programa, Rosa Facal, acompañada dos colaboradores Álex, Javier, Laira e Carles, aterrará en Cambre para recuperar a descoidada leira de Regina e de Gustavo.

A diminuta parcela dará lugar a situacións do máis rechamangueiras cos seus simpáticos veciños, Ana e máis José, que acompañarán o desenvolvemento da reforma coma se lles fora a vida nela.