CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O actor Javier Veiga e o cantante Lito Garrido volven esta noite ás aulas en 'Os Mellores da Clase'

27/10/2021

Acompañados dalgúns compañeiros do colexio e guiados por María Mera, tratarán de superar todas as materias para facérense co trofeo do programa (23.10 h)

O actor Javier Veiga e o cantante Lito Garrido volven esta noite ás aulas en 'Os Mellores da Clase'

Santiago, 27.10.2021.-    O actor Javier Veiga chega desde O Grove e Lito Garrido, cantante da orquestra Panorama, desde Sanxenxo. O programa ‘Os Mellores da Clase’ acolle, na nova entrega desta noite, unha rivalidade entre veciños máis vella que a praia da Lanzada.

Acompañados dalgúns compañeiros do colexio, Javier e Lito volverán ás aulas e, guiados por María Mera, tratarán de superar todas as materias para facerse co trofeo do programa. Haberá tempo para rir, para emocionarse e para ver os estes dous famosos gozando coma menos.