CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Noite de humor irresistible, coas divertidas edicións de 'Malicia Noticias Summertime' e 'Land Rober Summertime'

30/06/2022

Os personaxes de ambos programas seguirán facendo comedia este verán cada xoves á noite na Galega

Noite de humor irresistible, coas divertidas edicións de 'Malicia Noticias Summertime' e 'Land Rober Summertime'

Santiago, 30.6.2022.-  O humor con maiúsculas será protagonista na TVG cada xoves á noite durante este verán. A Galega fará que a audiencia escache coa risa coas divertidas situacións e os personaxes, que encabezan o ‘Land Rober Summertime’ (22.40 h) e ‘Malicia Noticias Summertime’ (23.50 h). Grazas a esta dobre oferta, os amantes da comedia poderán vivir os mellores momentos e os sketchs máis hilarantes de ambos programas de referencia na canle pública.

Como é costume, Arturo Fernández, Lucía Veiga, Pepe Capelán, Noelia Rey, Brais Doval, Oswaldo Digón, Rocío Candal, Belén Vara e Antonio Mosquera estarán á fronte do ‘Malicia Noticias Summertime’ coa súa tola volta á actualidade. Pola súa parte, no ‘Land Rober Summertime’, Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e os colaboradores habituais seguirán facendo comedia este verán, poñendo a proba tamén o sentido do humor dos convidados estelares do programa. Todo, coa finalidade de achegar ás casas dos galegos unha velada chea de gargalladas.