CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Land Rober Tunai Show' pon hoxe a proba o copiloto de rallys Luís Moya e a actriz Lucía Regueiro

10/06/2021

El terá que demostrar a súa precisión con maquinaria pesada e ela recibirá consellos de Roberto Vilar e de Eva Iglesias para o novo reto da maternidade (21.55 h)

'Land Rober Tunai Show' pon hoxe a proba o copiloto de rallys Luís Moya e a actriz Lucía Regueiro

Santiago, 10.06.2021.-    No ‘Land Rober Tunai Show’ reciben este xoves a actriz e presentadora Lucía Regueiro e o copiloto de rallys Luís Moya. O equipo do programa vai poñer a proba a precisión do primeiro como copiloto de maquinaria pesada e vai ter que demostrar o bo que é. Conseguirá arrancalo? Ademais, meterán nun aperto a Lucía Regueiro en ‘Mamma Mia’. Hai ben pouco foi nai e terá os mellores conselleiros para este novo reto: Roberto Vilar e Eva Iglesias.

Por outro lado, os espectadores verán a Dosinda un tanto encabuxada e vai pedir explicacións pola suba da luz. Que se preparen os da compañía eléctrica porque lles vai cantar as 40! O público tamén será protagonista no programa desta noite, xa que chega unha nova entrega de ‘Pasa pa’ casa’. Con quen vivirán os seguidores do programa. Ademais, ao show desta semana unirase o actor Miguel Canalejo.