CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Imos de Feira' busca hoxe en Celanova concursantes que queiran gañar ata 300 euros

19/07/2021

Esta zona de transición entre as terras da Baixa Limia e Ourense acolle todos os xoves un gran mercado

O espazo ‘Imos de Feira’ viaxa hoxe ata a provincia de Ourense para pasar o día na vila de Celanova. Esta zona de transición entre as terras da Baixa Limia e Ourense acolle todos os xoves unha gran feira. Coma cada semana, durante a v
'Imos de Feira' busca hoxe en Celanova concursantes que queiran gañar ata 300 euros

Santiago, 19.07.2021.-     O espazo ‘Imos de Feira’ (22.40 h) viaxa hoxe ata a provincia de Ourense para pasar o día na vila de Celanova. Esta zona de transición entre as terras da Baixa Limia e Ourense acolle todos os xoves unha gran feira. Coma cada semana, durante a visita do programa da TVG, a vila estará a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día.

Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona para escoller catro lugares onde deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Celanova para atopar os aspirantes a concursantes que loiten por conseguir ata 300 €.