CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'É hora de festa' trae hoxe o amplo abano de sabores da última edición da Festa da Empanada da Bandeira

24/08/2022

O espazo dará conta do ambiente e as actividades celebradas neste evento gastronómico e tradicional do verán galego

'É hora de festa' trae hoxe o amplo abano de sabores da última edición da Festa da Empanada da Bandeira

Santiago, 24.8.2022.-  O programa ‘É hora de festa’ (23.10 h) dará conta este mércores dunha celebración gastronómica e de gran tradición en Galicia, como é a Festa da Empanada de Bandeira, que esta fin de semana pasada celebrou a súa 46 edición. Coma sempre, Olaya Rivas e Iván Müller levarán a audiencia polas reviravoltas deste festexo popular que, en cada cita anual, fai as delicias dos asistentes.

Amais do ambiente de ledicia que se deu cita na carballeira da Pomba, ‘É hora de festa’ fará partícipes os espectadores da Galega da súa tradicional poxa das empanadas e da cea de peñas, en que os asistentes gozaron da comida e a música, entre outras actividades.