CRTVG viva
Holandeses, búlgaros e suecos foron os que máis galardóns coparon dos Prix Circom que se entregan en Santiago o 8 de maio
19 países presentaron candidaturas os mellores premios das televisións rexionais europeas este ano
A entrega farse nunha Gala especial, transmitida pola TVG e dentro dos actos do congreso anual de Circom Regional

Santiago, 27.04.2013.- Un total de 156 programas foron presentados por televisións de 19 países europeos á edición deste ano dos afamados Prix Circom, que organiza Circom Regional, o ente que abrangue as máis de duascentas televisións rexionais de toda Europa. Os premiados foron dez correspondentes as diferentes categorías de documentais, magazines, video xornalismo, deportes, minorías sociais, investigación, estrela emerxente, ficción/drama e interacción social. A entrega de premios terá lugar o vindeiro 8 de maio nunha gala especial no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, organizada pola CRTVG, e que será emitida pola Televisión de Galicia.
Todos os premios foron feitos públicos por un xurado internacional -reunido días atrás en Estraburgo- agás o Grand Prix que será dado a coñecer no transcurso da devandita gala. As televisións que coparon máis galardóns este ano foron O.Fryslan, L1, RN (Holanda) con tres (Deportes, Minorías e Interacción Social), BNT (Bulgaria) con dous (Estrela emerxente, Ficción/Drama) e SVT (Suecia) tamén con dous (Video-Xornalismo, Investigación). A seguir BBC (Reino Unido), FR3 (Francia), NRK (Noruega) levaron un candansúa. Os gañadores levaran máis de 30.000 euros e un trofeo xunto coa difusión dos programas premiados.
Este evento terá lugar dentro do marco do congreso annual de Circom Regional, que nesta ocasión vaise celebrar en Santiago de Compostela do 8 ao 10 de maio, na Facultade de Comunicación organizado pola CRTVG, e no que xa teñen prevista a súa presenza preto de 300 delegados das máis importantes televisións de Europa.
Máis información sobre os Prix CIRCOM 2013 en:
http://www.circom-regional.eu/
YouTube: CIRCOM Channel, playlist Prix CIRCOM 2013
Na foto superior, Rosa Vila, directora da TVG, recibindo o Prix Circom á mellor serie de ficción europea pola serie “Matalobos” o pasado ano en Mälmo (Suecia).