CRTVG viva
Como facer unha doazón na campaña CRTVG con Unicef
A través dunha mensaxe de móbil coa palabra AXUDA ao 38028 ou dunha comunicación co 905446028, a audiencia dos medios públicos pode participar solidariamente para acabar coa eiva da mortalidade infantil
A TVG e a Radio Galega están a desenvolver, desde o 16 ao 22 de novembro, unha programación específica para concienciar a poboación da importancia da súa contribución para acabar coa desnutrición nos nenos e nenas

Santiago, 18.11.2015.- As persoas que desexen facer unha doazón a Unicef dentro da campaña posta en marcha por este organismo e a CRTVG baixo o lema “Agora non podemos parar”, poden enviar unha mensaxe de móbil ao 38028 coa palabra AXUDA. Esta operación pódese facer ata o domingo a través dos móbiles contratados con Movistar, Vodafone, Orange, Amena, Yoigo e Euskaltel, pero non con R.
Acabar coa desnutrición e proxectos en Bolivia, obxectivos da semana da CRTVG e Unicef a prol da infancia
Desde o 16 ao 22 de novembro, a TVG e a RG desenvolverán unha programación específica para concienciar a audiencia da importancia da solidariedade para acabar coa eiva da mortalidade infantil
Un equipo da Galega e a actriz Lucía Regueiro visitaron varias comunidades indíxenas deste país sudamericano para coñecer o proxecto de cooperación en que participa a Cooperación Galega
Co lema “Agora non podemos parar”, profe

Santiago, 15.11.2015.- A loita contra a desnutrición infantil é unha das grandes frontes do traballo que Unicef desenvolve en todo o mundo. Aínda que as porcentaxes da súa cronicidade descenden grazas ao labor de organizacións non gobernamentais coma esta, cada ano esta eiva acaba coa vida de case 3 millóns de nenos e nenas menores de cinco anos. Con este cometido e por quinto ano consecutivo, a CRTVG e Unicef volven poñer en marcha a súa semana a prol da infancia baixo o lema “Agora non podemos parar”.