CRTVG Viva
A Radio Galega conmemorou o Día de Rosalía cun programa especial e un libro desde a Casa Museo de Padrón
Desenvolveuse unha edición de “Diario Cultural” aberta ao público, coa participación de 36 poetas que recrearon os poemas da autora galega
A Fundación Rosalía de Castro reuniu os poemas inéditos destes autores no libro-CD "De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI"
Con este acto rematan as emisións desta iniciativa literaria, que a emisora pública galega promoveu ao longo do a

Santiago, 24.02.2014.- Un programa especial do “Diario Cultural” desde a Casa Museo de Rosalía en Padrón serviu de marco, este luns, para a presentación do libro-CD "De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro", que edita a Fundación Rosalía de Castro en colaboración coa Radio Galega. Con este acto culmina unha iniciativa promovida polo informativo cultural da radio pública, que reúne os poemas inéditos escritos por 36 poetas a partir dos que Rosalía de Castro publicou no seu libro Cantares Gallegos.
Edición monográfica de "Eirado" dedicada a Rosalía de Castro, na tvG2
O programa achegarase á figura dunha escritora imprescindible nas nosas letras, da que mañá fai o 176 aniversario do seu nacemento
