CRTVG Viva
Premios Mestre Mateo 2017
ler máis
'María y los demás' e 'Dalia, a modista' reciben o maior número de candidaturas nos Mestre Mateo
07/02/2017
'María y los Demás' está proposta en 13 categorías, en tanto que ' Dalia, a modista' en 12 candidaturas
'Cen anos de perdón' e 'Serramoura' obtiveron oito propostas cada unha

Santiago, 07.02.2017.- A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as obras e artistas propostos para a XV edición dos premios Mestre Mateo, que cada ano revisan a produción audiovisual galega, nun acto celebrado na sede da Fundación SGAE en Compostela que estivo presentado pola actriz María Vázquez e o actor Federico Pérez, e no que tamén participou o presidente da AGA, Carlos Ares.