CRTVG viva
A Televisión de Galicia, presente en vinte dos Premios Mestre Mateo 2015
O galardón ao mellor programa de televisión foi un ano máis para o informativo cultural Zizgzag Diario e a presentadora do Telexornal Mediodía, Marga Pazos, foi recoñecida como a mellor comunicadora de televisión
As dúas producións cinematográficas que máis premios obtiveron, 'Os Fenómenos' e 'A Esmorga', contan tamén con participación do ente público galego

A Coruña, 12.04.2015.- A Televisión de Galicia estivo presente en vinte dos vinte e cinco Premios Mestre Mateo entregados a pasada noite na grande gala anual que organiza a Academia Galega do Audiovisual. O recoñecemento como mellor programa de televisión foi por cuarto ano consecutivo para o informativo cultural Zigzag Diario, de produción propia da TVG, mentres que e a presentadora do Telexornal Mediodía, Marga Pazos, foi recoñecida como a mellor comunicadora de televisión.