CRTVG Viva
A TVG transmitiu en directo o funeral solemne por Manuel Fraga Iribarne desde a praza do Obradoiro
A cerimonia incluíu a celebración litúrxica na catedral de Santiago, a proxección dun vídeo de lembranza e o son de 200 gaitas da Real Banda da Deputación de Ourense.
Asistiron o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
A canle pública galega volveu ser a encargada de cubrir o acto relixioso para todas as televisións que precisasen as imaxes nos seus informativos.

Santiago, 21.01.2012.- A TVG ofreceu en directo este sábado desde a praza do Obradoiro o funeral por Manuel Fraga Iribarne na catedral de Santiago. A transmisión abrangueu a chegada á catedral da comitiva de autoridades, encabezada polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que veu acompañado da súa muller, Elvira Fernández, e polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto á familia, onde foron recibidos por Julián Barrio, arcebispo da Diocese de Santiago; a misa funeral, onde foi interpretada a Ave María de Schubert, e un acto solemne que se desenvolveu na praza do Obradoiro, ao remate da misa.

Feijóo recorda na TVG un home "amable e tolerante" que "nunca interferiu" no seu liderado á fronte do PPdeG
"Cando Fraga falaba, escoitábaselle en España", subliña o presidente, quen augura que a súa figura "se estenderá tras a súa morte"
O máximo mandatario do Goberno galego foi entrevistado esta mañá no espazo informativo “Bos Días” da Televisión de Galicia

Santiago, 18.01.2012 (Europa Press).- O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avogou este mércores por diferenciar entre a faceta pública do ex presidente Manuel Fraga e o seu lado "máis persoal" das comidas e dos despachos, onde aparecía, asegurou, un home "amable e tolerante" que ademais "nunca interferiu" no seu liderado como presidente do PPdeG, no que o sucedeu en xaneiro de 2006.

TVG será a encargada este martes de fornecer imaxes do funeral de Manuel Fraga en Perbes ás televisións que o desexen
As reducidas dimensións do templo e o expreso desexo da familia do ex-presidente da Xunta condicionan a cobertura do acto

Santiago, 16.01.2012.- A Televisión de Galicia será a encargada este martes de fornecer as imaxes do funeral por Manuel Fraga, que terá lugar na capela do cemiterio de Perbes ás 17.00h previo ao enterro, a todas as televisións que o desexen, na súa condición de cadea pública de referencia en Galicia. Isto débese ás reducidas dimensións físicas do templo, que condicionan a presenza dos medios de comunicación, e tendo en conta o expreso desexo da familia do ex-presidente da Xunta, que apenas permitirá a presenza da cámara de TVG uns poucos minutos antes do acto litúrxico.
O ofrecemento de imaxes da Televisión de Galicia mediante un pool de medios, como sucede neste caso, é unha práctica habitual en determinadas circunstancias en que a cobertura directa dun evento non é posible para todas as cadeas interesadas. Por este procedemento, a canle pública galega ofrecerá gratuitamente as imaxes a aquelas emisoras que llo soliciten e tamén a través da rede FORTA das televisións autonómicas.

Os medios públicos galegos convértense en altofalantes das reaccións polo pasamento de Manuel Fraga
Tanto a TVG coma a Radio Galega están a realizar un amplo seguimento nos seus espazos informativos, así como especiais sobre o seu perfil político e humano
Na sección “Arquivo” da web da CRTVG inclúese un apartado especial con material audiovisual sobre a traxectoria de Fraga nos 26 anos de historia da Galega

Santiago, 16.01.2012.- Tanto a Televisión de Galicia coma a Radio Galega están a converterse en altofalantes das numerosas reaccións que a morte de Manuel Fraga está a suscitar nos diferentes ámbitos. Tras coñecerse a noticia, os medios públicos galegos fixeron un alto na súa programación para dar conta da noticia do pasamento do ex presidente da Xunta de Galicia, ofrecendo contidos especiais sobre a súa figura. Atendendo os desexos da familia, de velorio e soterramento íntimos, a radio e a televisión autonómicas están a realizar un seguimento nos seus espazos informativos, achegando reportaxes sobre o seu perfil político e humano e declaracións de variadas personalidades. Con este cometido, a TVG e a Radio Galega manteñen continuos puntos de directo en Madrid, Perbes e Vilalba.

Programación especial na TVG e na Radio Galega sobre o pasamento de Manuel Fraga. Conexións en directo este luns desde as 10h.
A Televisión de Galicia emitiu un amplo adianto informativo pasadas as 23h e un especial "Reporteiros" desde antes da media noite.
Este luns ás 10h a Galega seguirá en directo a comparecencia do presidente da Xunta e a apertura da capela ardente en Madrid. Tamén emitirá documentais e unha edición especial de "Foro Aberto"
A Radio Galega mantén unha programación case ininterrompida sobre a última actualidade e as reacció

Santiago, 15.01.2012.- Os medios públicos galegos están a facerse eco da noticia do pasamento do ex presidente da Xunta de Galicia con cambios na súa programación para acoller contidos especiais. Desta maneira pasadas as 23h a Televisión de Galicia interrompeu a emisión de "Libro de Familia" para incluír un amplo avance informativo e pouco antes da media noite deu paso a un programa especial "Reporteiros" presentado por Encina Ramos, cun percorrido en profundidade sobre a figura de Fraga.