CRTVG

Buscar

CRTVG viva

Eirado

Monográfico de "Eirado" sobre Celso Emilio Ferreiro, cuxo centenario se celebra este ano

14/01/2012

O espazo cultural da tvG2 conversará esta noite con seu fillo e con expertos na narrativa e na poesía do autor de "Longa noite de pedra"

Monográfico de "Eirado" sobre Celso Emilio Ferreiro, cuxo centenario se celebra este ano

Santiago, 14.01.2012.-      Despois do monográfico da semana pasada sobre Valentín Paz Andrade, a segunda edición deste ano de “Eirado” estará dedicada tamén de xeito íntegro a outra das figuras protagonistas deste 2012, o escritor e político galego Celso Emilio Ferreiro, cuxo centenario se celebra no declarado polo Parlamento Galego como Ano Celso Emilio. Durante este tempo, que tamén coincide co medio século de “Longa noite de pedra”, exposicións, edicións, concertos e moitas outras actividades porán de manifesto a vixencia dunha obra imprescindible da literatura galega do século XX.

ler máis