CRTVG Viva
A CRTVG pon fin a 'Destino Santiago' tras case 500 horas en directo da primeira experiencia de 'slow TV' en España
A directora da Televisión de Galicia, Rosa Vilas, destacou o éxito da experiencia pioneira de televisión amodiño dos medios públicos galegos, que amosou a súa relevancia dentro e fóra de Galicia
O espazo acadou máis de cen millóns de vistualizacións e 2,8 millóns de interaccións en Twitter
Lucía Pérez e Tonhito de Poi anunciaron que lanzarán un disco

Santiago, 29.04.2017.- A CRTVG despediu hoxe o proxecto 'Destino Santiago', tras 40 días e case 500 horas de emisión en directo. Nunha conferencia de prensa cos protagonistas da aventura, Lucía Pérez, e Tonhito de Poi, e o director da productora Starplanning, Miguel Cacharrón, a directora da Televisión de Galicia, Rosa Vilas, lembrou que os medios públicos galegos foron os primeiros en introducir en España a coñecida como slow TV ou televisión amodiño, na súa versión en galego, culminando con éxito un proxecto pioneiro. Ao longo da súa emisión, o formato tivo cen millóns de visualizacións en Twitter e 2,8 millóns de interaccións desde 30 países nesta rede social.
'Destino Santiago' acumula máis de dous millóns de interaccións cos seus seguidores en Twitter
Nas dúas últimas semanas a audiencia da conta Destinostgo medrou un 60% e os chíos xerados recibiron case 70 millóns de visualizacións
A peregrinación de Lucía Pérez e Tonhito de Poi, que chegan este xoves a Galicia, pode verse a través da web www.destinosantiagotvg.gal

Vilafranca do Bierzo 18.04.2017- A Televisión de Galicia comezou hai catro semanas o contido multiplataforma 'Destino Santiago'. Esta nova experiencia conta cun amplo seguemento en redes sociais, con presenza en Twitter, Instagram e Facebook, onde os espectadores poden facer os seus comentarios e estar ao día do programa a través dos perfís Destinostgo e o cancelo #DestinoSTGO.
A TVG fai dúas semanas de 'Destino Santiago', a experiencia pioneira de 'slow TV', con forte impacto en redes sociais
O contido multiplataforma da TVG, que dá seguimento á peregrinación cara a Santiago durante 40 días de Lucía Pérez e Tonhito de Poi, pode verse a través da web www.destinosantiagotvg.gal.
Este espazo pode comentarse nas diferentes redes sociais, onde contan con máis de 48 millóns de visualizacións en Twitter e alcanzan as 20.000 persoas nun só día en Facebook

Frómista (Palencia) 07.04.2017- A Televisión de Galicia comezou, hai dúas semanas, unha experiencia pioneira en España coñecida como slow TV ou televisión amodiño, chamada 'Destino Santiago'. Este espazo emite de 8.00 a 20.00 h. o traxecto en tempo real do Camiño Francés dende Roncesvalles ata Santiago de Compostela dos interpretes galegos Tonhito de Poi, integrante da banda Heredeiros da Crus e colaborador do programa da TVG 'Land Rober Tunai Show' e Lucía Pérez, representante de España en Eurovisión 2011. Os espectadores poden ver os artistas nas etapas do Camiño, duns 22 quilómetros cada unha, en directo a través da web www.destinosantiagotvg.gal. Ademais do seguimento ininterrompido, a audiencia pode coñecer a última hora desta viaxe mediante conexións en directo nos diferentes programas dos medios públicos.
O espazo 'Destino Santiago' achégase a 24 millóns de visualizacións en Twitter na súa primeira semana de emisión
A emisión en 'streaming' da peregrinación a Compostela de Lucía Pérez e Tonhito de Poi estase seguindo en países tan variados como Xapón, O Reino Unido ou Suíza
Este innovador espazo da TVG pode comentarse en Facebook, Instagram e Twitter no perfil 'Destinostgo', e verse na web www.destinosantiagotvg.gal

Santiago. 29.03.2017- O novo espazo da Televisión de Galicia 'Destino Santiago', que segue en tempo real e desde o 21 de marzo a peregrinaxe a Compostela dos artistas Lucía Pérez e Tonhito de Poi, está a ter un amplo seguimento en redes sociais. O programa, que se pode ver en directo en streaming durante doce horas ao día, conta con presenza en Twitter, Instagram e Facebook, onde os espectadores interactúan a diario. Dende a creación da conta @Destinostgo, os chíos do programa xa recibiron máis de 23 millóns e medio de visualizacións en case 4.000 publicacións.
A CRTVG introduce en España a chamada 'Slow TV' ou televisión amodiño co proxecto 'Destino Santiago'
Prevé emitir en directo doce horas ao día, a través dunha nova canle na web,a peregrinaxe en tempo real desde Roncesvalles de Lucía Pérez e Tonhito de Poi
Serán máis de 300 horas de emisión con presencia multiplataforma a través de todos os soportes dos medios públicos, con conexións na TVG e a Radio Galega
Trátase dunha iniciativa experimental enmarcada en Labovisión, o Laboratorio de Innovaci&

Santiago, 16.03.2017. A CRTVG está a piques de lanzar en próximos días a primeira grande experiencia en España da chamada slow TV ou, na súa versión galega, televisión amodiño co proxecto 'Destino Santiago'. Con el os medios públicos emitirán máis de doce horas diarias e ininterrompidas de programación en streaming, cubrindo distintas etapas do Camiño Francés a Santiago.