CRTVG Viva
Axuda en acción
ler máis
Ayuda en Acción desenvolve unha campaña na CRTVG contra a pobreza infantil
19/05/2016
A Corporación de Radio e Televisión de Galicia acolle a campaña "Contra a Pobreza infantil, apadriña" co obxectivo de mellorar a vida de miles de nenos e nenas e familias que viven en situación de pobreza

Santiago 19.05.2016.- Nas próximas tres semanas, a CRTVG ofrecerá unha programación especial dedicada á campaña “Contra a pobreza infantil, apadriña” de Ayuda en Acción, co reto de acadar que se apadriñe o maior número posible de nenos e nenas para mellorar as súas condicións de vida e as das súas familias. Os días máis sinalados da campaña serán o vernes 3 e o sábado 4 de xuño, datas en que se poderán ver dous programas especiais de “Luar” e “Bamboleo”, nos seus horarios habituais de emisión.