CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Esta noite, en exclusiva no 'Land Rober Tunai Show', a parella máis buscada: Kiko Rivera e Irene Rosales

28/10/2021

Despois de tanto ruxerruxe, o programa presentado por Roberto Vilar (21.55 h) vai poñer a proba a súa complicidade e algo máis

Esta noite, en exclusiva no 'Land Rober Tunai Show', a parella máis buscada: Kiko Rivera e Irene Rosales

Santiago, 28.10.2021.-   Este xoves chega unha auténtica revolución ao plató do ‘Land Rober Tunai Show’: Kiko Rivera e Irene Rosales. A parella que máis está dando que falar vén pintar a mona como nunca. E logo de tanto ruxerruxe, o espazo da TVG vai poñer proba a súa complicidade e algo máis. O fillo da Pantoja tamén vai poñerse na pel dun personaxe ben recoñecido por todos. E Víctor Fábregas terá moito que ver nisto...

Por se fose pouco, volve o divertidísimo ‘Quen vés sendo?’. Quen será a señora protagonista? Se Miguel Canalejo non acerta, terá que beber ovo cru con vinagre. Volve o castigo do ‘Land Rober’! Todo isto e moito máis, esta noite con Roberto Vilar e Eva Iglesias.