CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

En 'A lei de Santos' preocupa o estado de saúde de Santos e que a asasina volva para rematalo no hospital

16/01/2022

Un premio de lotaría atrae un estafador á vila disposto a sacar tallada

En 'A lei de Santos' preocupa o estado de saúde de Santos e que a asasina volva para rematalo no hospital

Santiago, 16.01.2022.-    Na entrega de ‘A lei de Santos’ (23.05 h) que a TVG ofrece esta noite, toda a vila está pendente do estado de Santos despois do ataque que sufriu a mans dunha asasina misteriosa contratada para matalo. Santos segue ingresado no hospital, pero, mentres loita por saír adiante, comeza a soñar unha vida alternativa en que Rivas está viva e Pancho quere axustar contas por asuntos do pasado.  

Na vida real, a Garda Civil compaxina a investigación para atopar a responsable do ataque coa custodia do cuarto en que está Santos, pois sospeitan que a misteriosa asasina pretende rematar o traballo.

Ao mesmo tempo, Lourenzo está inmerso na posta en marcha dun novo negocio para Viladesantos. O premio da lotaría supón un apoio moi importante, pero tamén atrae moitos problemas: un estafador aparece na vila disposto a sacar tallada.