CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Eles transportan a morte', película apoiada pola TVG, participará no Festival de San Sebastián

31/07/2021

O filme de Helena Girón e Samuel M. Delgado, xa anunciara a súa estrea na Semana da Crítica da Mostra de Venecia

'Eles transportan a morte', película apoiada pola TVG, participará no Festival de San Sebastián

Santiago, 31.07.2021.-    Participada pola TVG, a longametraxe ‘Eles transportan a morte’ verá a luz a nivel estatal no Festival de San Sebastián, que terá lugar do 17 ao 25 de setembro. O filme competirá na busca de novas miradas e formas dentro da sección Zabaltegi-Tabakalera, a máis aberta do festival, sen normas nin limitacións de estilo. 'Eles transporan a morte' anunciara xa a súa estrea na Semana da Crítica da Mostra de Venecia, un dos certames de cinema máis prestixiosos do mundo, que celebra a súa 78º edición do 1 ao 11 de setembro. 

Dirixido por Helena Girón e Samuel M. Delgado, o filme, rodado na raia entre Galicia e Portugal, na zona do Xurés, é unha ficción situada nun momento clave, en 1492, un ano que mudou a historia. Trátase dunha mirada crítica á colonización e ao relato histórico baixo as aventuras de tres homes dunha tripulación capitaneada por Cristóbal Colón. Tres homes que evitaron as súas execucións a cambio da participación no incerto viaxe e que agora, tras roubar a vela da Santa María, foxen con ela por unha illa descoñecida. 

Producida por Filmika Galaika e El viaje, coa participación da TVG, a ópera prima de Girón e Delgado foi gravada de forma íntegra en Galicia e en galego e conta no seu elenco con actores como Valentín Estévez, Sara Ferro, Nuria Lestegás, David Panteleón e Xoán Reyes.