CRTVG viva
Destacan a importancia audiovisual no proxecto de cidadanía europea presentado no congreso das televisións rexionais europeas en Santiago
Nas sesións matinais salientaron tamén as fórmulas do novo xornalismo como as redaccións integradas e o xornalismo móbil

Santiago.10.05.2013.- A data de hoxe é o punto de partida oficial para o proxecto impulsado polo Parlamento Europeo sobre a ciudadanía europea. O anuncio foi feito no congreso que organiza a CRTVG por Alexandre Pletser, delegado belga da RTBF. Segundo Pletser, todos os países que conforman a Europa comunitaria teñen desde hoxe a posibilidade de acceder a fondos e axudas financeiras que desenvolvan proxectos cara a consolidación dunha cidadanía europea e, en xeral, incrementar a conciencia común dos habitantes do vello continente. Esta proxecto tamén implica o mundo audiovisual con importantes beneficios para as coproduccións e a cooperación entre as distintas televisións.
No programa de actividades matinais tiveron lugar tamén interesantes debates concentrados nas novas fórmulas de xornalismo para radio e televisión. Entre elas destacou o exemplo noruegués de xornalismo mobil. Jonh Inge Johansen explicou polo miúdo como unha soa persoa pode desenvolver o traballo de todo un equipo como rexistrar son, gravar imaxes, editar ou transmitir informacións. Os adiantos tecnóloxicos neste aspecto facilitan este labor flexibilizan o traballo dos xornalistas sen desbotar a calidade tanto técnica como de contidos.
Por outra parte, finlandeses, belgas e húngaros amosaron ós congresistas as experiencias sobre as redaccións integradas, nas que un profesional pode atender e distribuir o seu traballo para diferentes medios tanto sexa televisión, radio ou medios en liña.
Noutra sesión de traballo, Luís Borrell, especialista no xornalismo de ultima xeración no Reino Unido, explicou os distintos dispositivos mobiles e a súa aplicación profesional así como o cambio de mentalidade que se está a dar nos espectadores de televisión, xa que cada vez hai mais posibilidades para ver os programas de televisión á carta. Por último, houbo tempo para explorar os novos campos dos productores independentes, fomentar as politicas de acción para o respeto das minorías e poñer de manifesto a esencial colaboración co mundo docente cos cursos de formación, programas de investigación ou novos formatos multimedia.