CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Celta-Cádiz, Cartaxena-Lugo e Dépor-Badajoz son os partidos da xornada no 'Galicia en goles'

16/09/2021

Extremadura-Rácing de Ferrol e Breogán-Tenerife, íntegros a través da web radiogalega.gal e app

Celta-Cádiz, Cartaxena-Lugo e Dépor-Badajoz son os partidos da xornada no 'Galicia en goles'

Santiago, 16.09.2021.- 'Galicia en goles' ponse en marcha este venres ás oito e media da tarde, coa retransmisión desde Balaídos do Celta-Cádiz, da Primeira División. No programa tamén haberá conexións co Extremadura-Rácing de Ferrol de Primeira RFEF desde o Francisco de la Hera, pero os seareiros do equipo departamental poderán escoitar este partido de xeito íntegro desde as nove menos cinco na páxina web radiogalega.gal e na aplicación para móbiles.

O sábado, desde as 3 da tarde, a atención do día estará posta no Cartaxena-Lugo, de Segunda División, e no Deportivo-Badajoz, de Primeira RFEF. Desta volta, o evento creado na web e app para a súa escoita íntegra será o Breogán-Tenerife, da Liga ACB, na volta do equipo de Lugo á elite do baloncesto español. A edición do sábado rematará ás 12 da noite e os últimos trinta minutos estarán dedicados á actualidade olímpica no espazo Galicia en París.

Xa o domingo, a edición matinal comeza ás 12 co Celta B-Rácing de Santander, ademais de dar cobertura a tres encontros da Terceira RFEF, ao Cangas-Bidasoa de balonmán e á final da Copa Galicia de baloncesto feminino desde Marín. A partir das 3, a sesión de tarde estará dividida en dous bloques. No primeiro, ata as 8, co fútbol de Segunda e Terceira RFEF. A partir das 8, o protagonismo será para o baloncesto, co Unicaja Málaga-Obradoiro de baloncesto.

Ademais de 'Galicia en goles', a Radio Galega ofrece na fin de semana outros espazos de temática deportiva. O sábado, á 1 do mediodía, 'Convivir deportivo' visita Santa Comba para poñer en valor o traballo da Asociación In-Nai de taekwondo. E o domingo, ás 11 da noite, 'Ao contraataque' abre a mesa de debate do fútbol galego para analizar os resultados dos nosos equipos.