CRTVG Viva
A TVG volve emitir “MIÑA SOGRA E MAIS EU”, a primeira serie en que Ana Kiro interveu como actriz protagonista

Santiago, 25 outubro 2010.- A partir desta noite, despois de “Pratos Combinados”, a Televisión de Galicia volve emitir a serie “Miña sogra e mais eu”, a primeira ficción en que a Ana Kiro interviña como actriz protagonista.
“Miña sogra e mais eu”, unha comedia familiar que está dirixida polo polifacético Quico Cadaval e nos seus papeis principais contou coa intervención de Ana Kiro, como a sogra; Marcos Orsi, o xenro; Carolina Vázquez, a muller; Sara Casasnovas, a filla e Adrián Seijas, o fillo, entre outros actores. Amais esta ficción ten a súa propia banda sonora orixinal, composta e interpretada por Iván Ferreiro, líder de “Los Piratas” .
A trama conta a historia de Óscar, actor en paro que se ve na obriga de trasladarse coa súa familia á casa de Ana, a sogra, unha muller viúva acostumada a unha vida acomodada e tranquila.
As historias cotiás desta familia particular vanse debullar nos diferentes episodios, cheos de humor. Os primeiros amores, as amizades fortes da infancia, as paixóns e amoríos maduros, as friccións xeracionais entre pais e fillos e a relación tan típica de incompatibilidade entre un xenro e súa sogra teñen cabida ao longo da serie.