CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Televisión de Galicia é a canle autonómica máis vista cun 22,4% de audiencia

05/07/2022

A segunda onda do Estudo Xeral de Medios, coñecida este martes, salienta a fortaleza dos informativos da TVG e a proposta de entretemento no prime time

Na franxa informativa e da sobremesa, entre as 13:30 e as 17:00 h, a cota da TVG é do 36,6%, case 20 puntos máis que o seguinte competidor, Antena 3

TVG é tamén a canle autonómica máis vista, superando ao seguinte medio en 4,3 puntos de share

A Televisión de Galicia é a canle autonómica máis vista cun 22,4% de audiencia

Santiago de Compostela, 05.07.2022.-  A segunda onda de 2022 do Estudo Xeral de Medios, coñecida este martes, sinala o liderado absoluto da TVG, tanto nesta onda coma no ano móbil e todos os días da semana.

Televisión de Galicia logra un 22,4% de cota de audiencia no período de luns a venres, a 4,1 puntos do seguinte competidor, Antena 3 (18,3%). TVG tamén é a canle líder entre as televisións autonómicas, superando ao seguinte competidor en 4,3 puntos.

A TVG lidera as faixas de maior consumo televisivo, pola mañá, ao mediodía e o prime time. Por días destacan os bos datos dos luns, cun 23,1%, os martes cun 23,2% e os venres cunha cota do 26,6%. E na franxa do prime time, a máis seguida do día, salienta a audiencia dos venres, día de emisión do programa de música e entretemento ‘Luar’ cunha cota media do 27%.

Os informativos da Galega, líderes

Na franxa informativa e da sobremesa, entre as 13:30 e as 17:00 horas, na que a TVG emite o bloque informativo do ‘Galicia Noticias’ e o ‘Telexornal Mediodía’ obtén un marcado liderado ao mediar unha cota do 36,3%. O seguinte competidor é Antena 3 cunha media do 16,4%.  Na faixa da mañá entre as 8:00 e as 13.30 h tamén lidera a TVG cun 14,4%. Na faixa da noite (20:00-4:00), onde se encadra o prime time, a TVG lidera de novo cun 18,8% supera en máis dun punto ao seguinte competidor.

Os datos dos dous medidores independentes, tanto EXM como Kantar Media, reflicten a solidez da programación da TVG e a súa conexión co público galego en todas as faixas horarias tanto en informativos como nos programas de entretemento.