CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A historia dun amor a primeira vista, o de Yaiza e Iván, esta noite no programa 'Casamos!'

26/10/2021

Despois de seis anos xuntos e dous fillos en común, deciden casar nunha voda que organizaron en só catro meses (23.10 h)

A historia dun amor a primeira vista, o de Yaiza e Iván, esta noite no programa 'Casamos!'

Santiago, 26.10.2021.-    A historia de amor de Yaiza e Iván, os protagonistas desta noite no programa ‘Casamos!’, foi amor a primeira vista, polo menos para ela. Yaiza traballaba nun bar en Vigo e Iván saía cada día do seu garaxe en moto e co casco posto. Yaiza víao e sen saber nin como nin por que soubo dende o minuto 0 que ese rapaz lle gustaba.

Cando Iván comezou a ir polo bar estableceron unha amizade que pouco a pouco se foi convertendo en amor. Agora, despois de seis anos xuntos e dous fillos en común, deciden casar nunha voda que organizaron en só catro meses. No enlace non faltarán nin os detalles nin as sorpresas para noivos e convidados.