CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A G2 estrea ‘Estigma’, documental que amosa as barreiras para a integración das persoas con enfermidade mental

04/05/2021

Achegarase a un proxecto innovador e á incomprensión que acompaña as familias e doentes

A G2 estrea ‘Estigma’, documental que amosa as barreiras para a integración das persoas con enfermidade mental

Santiago, 04.05.2021.- A G2 estrea esta noite ‘Estigma’ (23.00 h), documental dirixido por Breogán Riveiro, que amosa en primeira persoa as barreiras para a integración social das persoas cunha enfermidade mental. Non hai moito tempo que, en zonas remotas de Galicia, as familias agachaban aos fillos con problemas das miradas dos veciños para non ter que afrontar o terrible estigma da enfermidade mental. Hoxe, Anxiños segue a loitar para que nenos e adolescentes galegos con problemas de saúde mental poidan saír adiante.

Para coñecer os problemas de saúde mental, o documental fará unha viaxe con Ruth Gómez, "unha simple mestra" -como ela mesma se define- e descubrirá un proxecto innovador e un mundo de sufrimentos de familias e doentes que aínda hoxe seguen a pa-decer da incomprensión de toda a sociedade, do estigma que os acompañou desde sem-pre.