CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A CRTVG emite este venres a mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta de Galicia

30/12/2021

O discurso poderase seguir na TVG (14:15 h) xusto antes do ‘Telexornal mediodía’, e tamén en lingua de signos en redifusión pola G2 (15:30 h) así como na Radio Galega e na web G24.gal

 

A CRTVG emite este venres a mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta de Galicia

Santiago, 30.12.2021.-  Este venres, antes do ‘Telexornal mediodía’, ás 14:15 h, Televisión de Galicia emite a xa tradicional mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta de Galicia. Nesta ocasión, a mensaxe foi realizada desde o Monte do Gozo, porta de entrada do Camiño de Santiago na cidade do Apóstolo. Poderá seguirse tamén pola Radio Galega e a web G24.gal.

Nesta intervención, ademais de felicitarlles o Nadal e o Aninovo a todos os galegos, Alberto Núñez Feijóo fará balance de 2021, o segundo ano marcado pola pandemia mundial da covid-19, e adiantará proxectos e retos para 2022.

O discurso do presidente galego poderase seguir na canle pública con subtítulos a través das opcións da TDT e tamén en lingua de signos en redifusión pola G2 (15:30 h). Así mesmo, será tamén accesible en G24.gal, o portal da información da Corporación.