CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A CRTVG e a CEEG asinan un convenio de colaboración no marco do pulo empresarial de Galicia

19/10/2021

Con este acordo queren facilitar a conexión entre os responsables directivos nas empresas galegas e os de fóra

A Asociación Club Empresarial e Executivo de Galicia pretende ser un centro independente de expansión e información en materias económicas

A CRTVG e a CEEG asinan un convenio de colaboración no marco do pulo empresarial de Galicia

Santiago, 19.10.2021.-    A Corporación Radio e Televisión de Galicia e a Asociación Club Empresarial e Executivo de Galicia asinaron esta mañá un convenio de colaboración para facilitar o coñecemento persoal dos responsables directivos nas empresas do tecido empresarial galego e de fóra de Galicia. Desta forma, a CEEG pretende ser un centro independente de expansión e información en materias económicas para o empresariado galego.

Na sede da Corporación, en San Marcos, o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, e o presidente da CEEG, Mario Barcenilla Moreno, asinaban esta mañá o documento de colaboración.

Por parte da CRTVG, Sánchez Izquierdo destacou o labor dinamizador do tecido empresarial audiovisual que representa a CRTVG, así como o novo papel de punta de lanza dos medios públicos de Galicia no sector da innovación das telecomunicacións.

Pola súa parte, Barcenilla Moreno destacou que a CEEG será un centro de pensamento e opinión de Galicia, en que se provoquen encontros entre a sociedade galega e de fóra de Galicia. Destaca Barcenilla que un dos labores prioritarios “será facilitar as conexións entre empresarios galegos e lusos, así como cos da América Latina”.