CRTVG Viva
A Copa América 2021 xógase desde hoxe na Galega
Televisión de Galicia ofrecerá en directo dez encontros, cos mellores talentos do fútbol suramericano, que principian esta noite co partido inaugural do Brasil-Venezuela

Santiago, 13.06.2021.- Televisión de Galicia ofrece desde este domingo, en directo, os partidos da Copa América 2021, o principal torneo futbolístico entre as seleccións dos países de América do Sur. A canle pública conta cos dereitos de emisión para Galicia dunha serie de encontros deste trofeo, que se vai disputar no Brasil ata o 10 de xullo. As retransmisións da TVG arrancan esta noite co partido inaugural que xogarán Brasil e Venezuela ás 23:00 horas.
A Galega ofrecerá en total dez partidos, distribuídos entre as catro etapas da competición: fase de grupos, cuartos de final, semifinais e final. O luns 14, a TVG continuará coa emisión do torneo ás 23:00 horas co debut de Arxentina ante Chile e, na seguinte fin de semana, na madrugada do venres ao sábado, ás 2:00 horas, coa cita de Arxentina fronte a Uruguai.
A Copa América 2021, cuxa celebración inicial estaba previst que fora o partido entre Arxentina e Colombia, dispútase por mor da pandemia por sexta vez no Brasil, en sedes do Río de Xaneiro, Goiania, Cuiabá e Brasilia. Organizada pola Conmebol, nesta 47 edición participan dez seleccións: Arxentina, Bolivia, Uruguai, Chile, Paraguai, Brasil, Colombia, Venezuela, Ecuador e Perú. Ten as baixas de Australia e Qatar. A final do torneo xogarase no mítico Maracaná do Río de Xaneiro.