CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

29 cámaras web da CRTVG, a máis recente instalada en Muxía, amosan Galicia en tempo real

16/09/2021

O portal crtvg.gal ofrece o servizo permanente de 29 webcams que permiten ver os puntos máis emblemáticos de Galicia en tempo real

29 cámaras web da CRTVG, a máis recente instalada en Muxía, amosan Galicia en tempo real

Santiago de Compostela, 15.09.2021.- Coa incorporación recente dunha nova cámara web no Parador da Costa da Morte, en Muxía (A Coruña), a CRTVG conta con 29 dispositivos que ofrecen imaxes en tempo real das catro provincias galegas.

Dende o 24 de xullo de 1997 en que a CRTVG instalou a primeira cámara web na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, a Corporación foi incrementando o número de cámaras instaladas nas principais cidades e vilas e nalgúns dos puntos de maior interese turístico de Galicia, entre elas o Camiño de Santiago. O servizo está dispoñible no portal crtvg.gal.

Na provincia da Coruña, as cámaras web amosan a capital coruñesa, cunha vista fixa e outra móbil desde o punto máis alto da cidade, cabo Fisterra, Santiago, Ferrol, a  instalada en Muxía, e Ortigueira. Desde Pontevedra, achéganse imaxes de Vigo, Tui, Lalín, Sanxenxo, Portonovo, O Grove, Baiona, A Guarda e a cidade de Pontevedra. En Ourense, ademais das cámaras fixa e móbil da capital, amosan Verín, Celanova, A Rúa e a estación de Cabeza de Manzaneda, dende dúas perspectivas diferentes. Lugo conta tamén cunha destas cámaras, que ofrece unha panorámica da cidade das murallas. Ademais, a CRTVG ofrece unha vista en tempo real do Camiño de Santiago, con imaxes que permiten amosar o paso dos peregrinos, con cámaras no Cebreiro, Portomarín, San Marcos, monte Pedroso, praza das Praterías e a praza do Obradoiro.