CRTVG

Buscar

Igualdade

ZigZag Diario: Entrevista a Marica Campo, premiada pola Asociación de Escritores en Língua Galega

17/06/2013

O programa “ZigZag Diario” conversará esta tarde coa escritora Marica Campo, que esta fin de semana recibiu unha homenaxe na súa terra, no Incio, por parte da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que lle concedeu tamén a súa letra E. Ademais, levará o seu nome un souto no Val do Mao, lugar onde naceu e onde naceron tamén os primeiros escritos dunha autora que conta xa cunha ampla e recoñecida bibliografía en que visita diversos xéneros, desde a poesía á narrativa, pasando polo xornalismo ou o ensaio.