CRTVG

Buscar
Pazo de Mirapeixe / Pazo de Andeade / Pazo dos Feixóo / Pazo Quiñones de León

Pazo de Mirapeixe / Pazo de Andeade / Pazo dos Feixóo / Pazo Quiñones de León

23/03/2013 - 00:00 h

Vidas de pazo

En cada programa daranse a coñecer catro pazos, un de cada unha das provincias galegas, co fin de descubrir as singularidades máis relevantes desde un punto de vista arquitectónico e histórico, así como os aspectos máis curiosos e as anécdotas que se deron ao longo do tempo entre as súas paredes. Serán os mesmos propietarios dos pazos os que conten os aspectos máis destacados de cada un deles.

Esta produción de Lugopress para a TVG, dirixida por José de Cora e presentada por José Manuel Vila Chantres, pretende darlles protagonismo social aos habitantes dos pazos, ao tempo que afonda en diversas cuestións vinculadas á fidalguía e á liñaxe propias de cada un deles. Así mesmo, tamén haberá un oco para aqueles pazos que albergan algún museo ou, mesmamente, para os que neste momento están dedicados a outros fins, como pode ser a actividade hostaleira.

Vidas de pazo á carta