Máis (+) Pachanga
Coa finalidade de divertir os espectadores da canle pública galega nace “+ Pachanga”, un programa dedicado ao mundo das verbenas para as noites dominicais deste verán, cun formato que aposta pola música e as actuacións das orquestras máis destacadas e míticas do panorama galego. Da man dos reporteiros Javi Rocha e Patri Santana coñeceranse as mellores orquestras e grupos de Galicia. Descubriranse as duras sesións coreográficas; os seus ensaios musicais e os segredos mellor gardados... Ademais, someteranse a exame os seus estilismos máis atrevidos. Todo isto, aderezado polo saber do experto en orquestras, Daniel Seijas, un historiador con moitas anécdotas que contar sobre a pachanga galega.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí