CRTVG

Buscar
Romaxe de Nosa Señora da Barca

Romaxe de Nosa Señora da Barca

19/09/2020 - 18:30 h
Catro vellos mariñeiros
08/09/2020
00:00 h
Cancioneiro do Berbés
31/08/2020
23:45 h
Foliada mariñeira
25/08/2020
00:10 h

O son da ribeira

A cultura mariñeira ten unha conexión moi forte coa cultura musical, xa que ás xentes do mar gústalles cantar e facer música. Non existe porto de mar onde non se poidan atopar formacións musicais, profesionais ou de afeccionados. E a maioría destas formacións son de música tradicional, aínda que existen moitos outros estilos musicais.

‘O Son da Ribeira’ pretende poñer en coñecemento da audiencia todo este tesouro musical da cultura mariñeira. Neste espazo, realizado por Producións Celta para a Televisión de Galicia, as agrupacións musicais do mundo do mar presentarán a súa música, ao tempo que se fará visible a relación desta música cos diferentes traballos do mar. 

Para facelo, escollerase cada semana unha canción representativa dun porto e investigarase sobre a súa orixe e a súa influencia na vida da vila, amosando diferentes versións dese mesmo tema ou buscando unha serie de cancións que en conxunto poidan constituírse como unha mostra do que se podería chamar o cancioneiro dun porto, dunha comarca mariñeira ou dun oficio do mar.

O son da ribeira á carta