CRTVG

Buscar
'Matei dúas mulleres': documental e debate

'Matei dúas mulleres': documental e debate

12/01/2021 - 22:30 h

Na mente do asasino

Serie documental que afonda nos impulsos e pensamentos das persoas que cometeron algúns dos crimes máis impactantes dos últimos tempos en Galicia, co afán de localizar aqueles procesos mentais que os levaron a cometer os seus delitos, o que comunmente se coñece coma o móbil do crime, pero tamén a sucesión de actos e pensamentos que os empurraron cara a un punto de non retorno.

Cada semana, ‘Na mente do asasino’ comezará coa emisión dun documental que botará man de imaxes de arquivo e de entrevistas para presentar e ilustrar cada un dos casos tratados. A continuación, ofrecerase un debate, moderado polo xornalista Pablo Carballo, en que participarán expertos de diferentes ámbitos: o da investigación, xudicial, psiquiátrico, sociolóxico ou forense co obxecto de pormenorizar naquelas vías principais ou colaterais que deixen abertos os crimes que impactaron a sociedade galega.  

Na mente do asasino á carta