Programas
Programas que comezan co "C"
-
Cachadas
Repaso polos momentos máis divertidos e sorprendentes dos programas da grella da Televisión de Galicia. Algúns dos mellores momentos televisivos que non podes perder e dos que todo o mundo fala!
-
Cada día un libro
Este programa é un microespazo da Televisión de Galicia no que cada día se recomenda un libro aos televidentes.
-
Camiñantes do noso
En dez capítulos, Rubén Riós, percorre 10 etapas da Vía da Prata, desde A Canda ata Santiago de Compostela, na busca da sabedoría dos máis lonxevos. O percorrido amosa a maxia da ollada dos anciáns e anciás das distintas poboacións polas que pasa o Camiño para destacar os ensinos, as tradicións e as lembranzas deste grupo tan castigado pola pandemia da Covid-19.
Estas píldoras amosan a integr -
Camiños de irmandade
Serie bilingüe, en galego e portugués, en que dous peregrinos percorren o traxecto Lisboa –Fátima - Santiago
-
Cantas ou non?
Nestes tempos raros en que se botan en falta as orquestras tan típicas do verán galego, a verbena pona este ano Cantas ou non?, o novo concurso diario da TVG baseado no karaoke, e que levará cada semana o seu escenario itinerante a unha vila galega, onde os concursantes seleccionados demostrarán ser uns auténticos profesionais do karaoke para levar o premio do concurso.
Como mestres de cerimonias, -
Chapa e pintura
Gravada integramente en interiores, “Chapa e Pintura” transportará a audiencia a unha veciñanza ficticia onde, entre outros negocios, conviven unha tenda-taller de motos e un salón de beleza, nos que traballan Chelo e Raúl respectivamente, unha parella recentemente separada
-
Código pin
Debuxos animados de divulgación científica para os máis pequenos. Secuela de Kikoriki
-
Come a comarca
Come a Comarca é o novo programa de televisión de Galicia en que cinco cociñeiros afeccionados viaxan a cada unha das comarcas galegas para coñecer os seus pratos típicos e enfrontarse aos mellores cociñeiros profesionais de cada unha facendo os pratos en que son especialistas.
-
Como galegos!
Tres estranxeiros de distintas nacionalidades e que viven en tres localidades diferentes de Galicia cóntannos os motivos polos que deixaron a súa terra e decidiron quedar a vivir en Galicia
-
Con Amor e compañía
Un programa variado con entrevistas, monólogos, actuacións musicais e contidos para facer rir, presentado por David Amor