CRTVG

Buscar
Un experto en deportes

Un experto en deportes

29/07/2020 - 23:00 h
Todos quentiños
22/07/2020
23:00 h
Un ximnasio de éxito
15/07/2020
23:20 h
Expertos en arte moderna
08/07/2020
23:00 h

Do dereito e do revés

'Do dereito e do revés' é unha comedia sobre galegos que precisan un avogado. Producida por Think First para a TVG, e con guións de Xosé Cermeño, creador da mítica ficción 'Pratos combinados', chega ao prime time.

A nova aposta da TVG trata asuntos de contido familiar que lle achegarán á audiencia personaxes, escenarios e ambientes comúns na vida cotiá. Dirixida por Manuel Espiñeira, ten como protagonistas os actores Víctor Fábregas, Susana Sampedro, Sergio Pazos, Xoel Fernández, Casilda Alfaro, Alberto Montes e Alicia Armenteros.

A trama desta serie desenvólvese a partir de que Adela, unha muller madura, volve á vila onde ten as súas raíces familiares e algunhas propiedades. Alí está o seu fillo, Moncho Patiño, un avogado sen moito éxito, separado de Sara, unha muller con iniciativa e dona dun ximnasio de artes marciais. 

Do dereito e do revés á carta