CRTVG

Buscar

Vou que teño que ir

Portomarín

10/12/2019 23:15 h

Os nosos presentadores visitan hoxe Portomarín, un concello da provincia de Lugo pertencente á zona da Ribeira Sacra. Aínda que a súa fundación se remonta ó século II, a vila adquiriu grande importancia na Idade Media, por ser lugar de paso dos peregrinos que se dirixían a Santiago dende o camiño Francés.

A afluencia de peregrinos propiciou a apertura de numerosos locais de hostalería como bares, restaurantes, pensións e albergues, e unha actividade económica centrada no turismo e a gastronomía. Victor e Ledicia terán tempo para visitar algúns deles. Ledicia irá ó albergue Pons Minea, un dos locais máis recoñecidos. Este bonito edificio de aspecto vangardista é albergue de peregrinos e turistas, conta con habitacións dobres e triples e un acolledor comedor e onde se pode degustar comida típica sen rascar o peto. Como un bó caldiño galego.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: