CRTVG

Buscar

Estache bo!

Tixola de garavanzos con crioulo

14/07/2020 11:00 h

Ingredientes:

300 gr. de garavanzos, 2 chourizos crioulos, 1/2 pemento vermello, 4 tomates deshidratados, 1 cebola, 1 chile, 1 dente de allo, 1 cullerada de xenxibre, 1 vaso de viño branco, zume de medio limón, aceite de oliva, coandro, sal.

Elaboración:

Desfacemos os chourizos, marcamos na tixola e reservamos. Na mesma tixola rustrimos a cebola, o pemento, o chile, o xenxibre, o allo e os tomates. Remexemos ben e cociñamos 5 minutos. Botamos o viño e deixamos reducir. Engadimos os garavanzos, o coandro e o zume de limón. Poñemos a salsa a punto e listo para comer!

Atopar capítulo por: