CRTVG

Buscar

Carteleira G

Entre bateas

26/03/2020 16:30 h

Galicia 1972. Mario, fillo dunha humilde familia, entra no mundo do contrabando do tabaco aos quince anos, levado pola difícil situación económica na que quedaran el maila súa nai á morte do seu pai. Faino xunto a Sego, o seu amigo da infancia. Gracias a habilidade do manexo das planadoras, Mario convértese no home de confianza de Veiga, o principal capo do contrabando local. Pasa o tempo, xa no ano 1988, á vez que os amigos vanse facendo maiores, as fronteiras entre o mundo do contrabando e do narcotráfico vanse facendo cada vez máis difusas para eles. A organización do narcotráfico, empeza a tomar o control da zona, gracias á facilidade con que se gañan moitos máis cartos. Por elo, Sego, crea a súa propia rede apoiado polos colombianos. Sen embargo, Mario non comparte as mesmas ideas polo que xurdirán desencontros entre eles. Neste turbulento mundo, a vida sentimental de Mario, verase afectada. Isabel, a súa muller, tomará difíciles decisións que pesarán gravemente sobre a súa vida e familia. Para os dous antigos amigos as cousas cambiaran tanto, que resulta difícil dar marcha atrás, e cando os seus camiños volven a cruzarse, desataranse acontecementos polos que Mario pode pagar un prezo demasiado alto...

Atopar capítulo por: